domingo, 3 de mayo de 2009

X-Men orígenes: Lobezno



Esta película é a primeira da saga que se quere facer, anamizando a vida de cada compoñente mutante de X-Men, e como non podia ser doutra maneira, comeza cá historia de Logan (Hugh Jackman) quen se pasa a chamar Lobezno unha vez que se converte en mutante.
Este film conta como era a vida de Logan antes de convertirse en mutante, e por que motivo o é. Nela descubresenos o pasado de Logan, o pasado que el non é capaz de recordar.
Na película figuran un grupo de mutantes que os seguidores do comic, ou da serie de debuxos animados botaban en falta nas anteriores películas. Todos eles forman o "Equipo X", equipo que está ó mando de William Striker (Danny Huston), persoaxe que foi incorporado en "X-Men 2", e que, como xa se adelantou, ten moito que ver cá transformación de Logan en Lobezno.
Hugh Jackman, ademais de ser o actor principal, tamén forma parte da produción do film. Este actor australiano de 40 anos de idade, volve a poñerse as indestrutibles garras de Lobezno pra demostrar outra vez mais a todo o mundo que ainda é un dos mellores actores.
Sen dubidalo teño que decir que, persoalmente, creo que unha das mellores esceas da película e cando Hugh corre espido por un tunel, pero, pra poder contatar isto, hai que ver a magnifica película, que vos aseguro que, tanto si vos gusta ou non a saga de X-Men, esta película vaivos encantar.

jueves, 9 de abril de 2009

La reina de los condenados




La reina de los condenados é unha película que conta como o vampiro Lestat, interpretado por Stuart Townsend, anque moitos son os que din que este papel debería estar feito por Tom Cruise, xa que foi este quen lle deu vida a Lestat en "Entrevista con el vampiro", despois de estar seculos dormido, se da a coñecer diante de todo o mundo, convertendose en cantante de rock.

Con este acto, el intenta conseguir que os da súa propia raza o maten, xa que para el non ten sentido vivir eternamente so.

Os seus sentimentos cambian cando coñece a Jessei, unha bibliotecaria que se dedica a envestigar e buscar "nidos" de vampiros, ela sente unha atración por el, e el por ela.
Ó coñecela, Lestat deixa de sentirse so, e, despois de vencer os que o querian matar, o amor triunfa entre a extraña parella.

lunes, 6 de abril de 2009

Dragonball evolution



Esta película promete moito, xa que a serie de debuxos animados na que está basada, ten unha fama inmensa por todo o mundo.

Na película contase un pouco da vida de Goku, interpretado por Justin Chatwin (fillo de Tom Cruise na "Guerra de los mundos"), quen se terá que enfrontar a Piccolo, a quen lle da vida James Marsters (Spike en "Buffy cazavampiros") para salvar o planeta Terra.

A pesar de todas as espectacións, esta película xa recibeu moitas críticas, xa que din que o director non respecta a verdadeira historia contada no anime, e ademais, os persoaxes que aparecen, non se parecen en nada os do anime( dende cando o maestro Roshi ten pelo?? e que pasou co seu caparazón de tortuga??), e moitos que son importantes non aparecen.

Algunhas das preguntas dos seguidores fieis da serie de anime son:

- Dende cando o maestro Roshi ten pelo?

- Que pasou co caparazón de tartaruga que Roshi levaba na espalda?

- Dende cando Goku vive na cidade, é rico e vai á escola?

- Onde van as antenas e o color verde de Piccolo?

- Cando se di que as bolas son creadas por 7 misticos e non por Kaiosama?

- Dende cando é Bulma unha esperta en armas?

E como comentario final, a imaxe de Goku na película é a de un rapaz namorado e moi rico.... isto fai facernos a pregunta de: "En que serie se basaron pa facer esta película?" porque ta claro que calquera parecido ca serie de anime xaponés é solo unha extranha coincidencia.

miércoles, 25 de marzo de 2009

A todo gas


Oito anos despois de vermos por primeira vez a Paul Walter e Vin Diesel en "A todo gas", en abril vaise estrenar a 4ª parte desta exitosa saga de películas relacionadas co mundo do tuning. En realidade esta película ta considerada como a 2ª parte, xa que nesta volvense a reunir Brian O`Conner (Paul Walter) e Dom Toretto (Vin Diesel) protagonistas da 1ª parte, que nesta, a pesar de que se seguen a levar mal, vense obrigados a xuntar as súas forzas para vencer ó seu enemigo en común, facendo visible o dito "o enemigo do meu enemigo é o meu amigo". Nesta película tamén contan co apoido de Michelle Rodriguez (noiva de Toretto) e de Jordan Brewster (irmá de Toretto e enamorada de Brian). Nesta película volven a ser protagonistas os coches tuning, a velocidade e as carreiras coctel imprescindible nesta saga tan exitosa.

Hai que recordar que Toretto é un convizto fuxitivo e que, polo contrario, Brian é un policía. Como acabará esta extraña relación?

viernes, 6 de marzo de 2009