domingo, 22 de febrero de 2009

Crepúsculo


Deste film, que por moitos é considerado o mellor do ano, queda pouco por decir, todo o mundo xa sabe, mais ou menos, como transcurre a historia de amor entre o atractivo vampiro Eduart Cullen e a fermosa mortal Bella.
Esta é outra película moi completa, xa que contén unha bonita e apasionada historia de amor, mais intrigas e, como non, pelexas.
Xa son moitos os segredos desvelados sobre a 2ª parte desta película, "Luna nueva".
Dende logo, é moita a xente, entre a que me incluio, a que está esperando impacientemente para voltar a ver a historia de amor entre Eduart e Bella, e sobre todo, para saber si finalmente, esta se converte en vampiro, para poder estar eternamente co seu amor, tal e como ela quere.

Eu destaco, ademais do papel de Eduart e de Bella, claro está, xa que son os protagonistas indiscutibles, o magnífico traballo de Peter Facinelli dando vida a Carlisle, o "pai" desta familia tan atípica de vampiros, que como eles mesmos se denominan, son vexetarianos. Creo que se pode apreciar como Carlisle ten un especial afecto por Eduart, case me atrevería a decir que é o sseu "favorito", cousa, que por outro lado, ten bastante sentido, xa que Eduart foi ó primeiro que transformou en vampiro, e, por conseguinte, o que leva mais tempo xunto a el.

1 comentario:

  1. que decir desta película que non dixera xa, so que si todos os vampiros foran asi, non me importaria ser mordida por un.

    ResponderEliminar